IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
172

 Entrevista de selección estándar:

Este tipo de entrevista é a máis frecuente e ten como obxectivo valorar a experiencia e personalidade da/o candidata/o e establecer a comparación coas/cos outras/os candidatas/os, descubrindo os puntos débiles e fortes de cada un/unha. Este tipo de entrevista soe realizarse de tres formas diferentes:

-Directiva: O/a entrevistador/a dirixe a conversación realizando preguntas en función dun guión elaborado

-Non directiva: A/o entrevistador/a fai poucas preguntas e moi xerais, as respostas deben ser moi claras e fluídas e deben enlazarse uns temas con outros.

-Mixta: É unha mestura entre as dúas anteriores..