IV - A BUSCA DE EMPREGO | ![]() ![]() |
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
|
A ENTREVISTA PERSOAL A entrevista persoal é unha conversación preparada na que o/a entrevistador/a interroga á/ó candidata/o e avalía as posibilidades deste para ocupar un posto de traballo concreto na empresa. Neste proceso comunicativo, tanto o/a entrevistador/a como a/o entrevistada/o teñen uns obxectivos. Obxectivos do/a entrevistador/a: -Recoller a maior cantidade de información sobre a/o candidata/o, averiguando se é a/o axeitada/o para o posto. -Descubrir se a/o candidata/o pode, sabe e quere ocupar o posto -Predecir o rendemento da/o candidata/o no posto -Proporcionar información sobre o posto de traballo e sobre a empresa Obxectivos da/o entrevistada/o: -Presentarse favorablemente e venderse á/ó entrevistada/o -Avaliar o posto de traballo e a empresa en relación cos seus intereses persoais. Tipos de entrevista En realidade pódese afirmar que existen tantos tipos de entrevista como empresas ou seleccionadoras/es, pero aínda así pódense mencionar as seguintes como as máis habituais: Entrevista de selección estándar Fases da entrevista Este proceso de selección acostuma a pasar por tres momentos:
Consellos para a preparación da entrevista - É importante volver a ler o currículum que se remitiu, para asegurarse de que a información que se vaia a dar na entrevista sexa coherente co curriculum - Volver a analizar o anuncio, a convocatoria, reflexionando sobre as condicións excluíntes e as valoracións, pensando como contestar cando pregunten por elas. - Intentar recadar información sobre a empresa - Preparar as preguntas que se queren facer - É imprescindible preparar en profundidade os propios puntos fortes e débiles. |
|