IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
169

 Dinámicas de grupo

A través das dinámicas de grupo avalíase o comportamento da/o candidata/o dentro dun grupo ante unha determinada situación. Reúnense varias/os candidatas/os baixo o control dunha ou varias/os supervisoras/es e iniciase a discusión dun tema plantexado. O/a moderador/a plantexa someramente alguns puntos de discusión e deixa continuar ó grupo. Neste tipo de dinámicas medirase:

- A capacidade de liderazgo

- A defensa de ideas

- A capacidade de convencer, persuadir

- A capacidade de diálogo

  • Consellos para enfrontar as dinámicas de grupo:

-Non considerar ó resto das/os candidatas/os como inimigas/os. As/os observadoras/es queren ver como se interactúa con outras persoas baixo presión. Non queren ver enfrontamentos.

-Defende os teus criterios e loita por eles

-O principal obxectivo é resolver o problema que se plantexa, non é eliminar ás/ós demais