IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
168

 Probas Profesionais

Trátase de avaliar os coñecementos propios dunha profesión. O seu emprego xustificase cando as tarefas son específicas ou técnicas. Estas probas pretenden obter información sobre:

-Os coñecementos e adestramento a través de probas e exames profesionais.

-Coñecementos específicos: con exercicios de simulación, cumprimento de cuestionarios

  • Consellos para a realización de probas profesionais:

-Asegurarse de que se ten claro o que piden

-Non ter reparos en preguntar

-Reflexionar un minuto antes de empezar e organizar a tarefa en función do tempo dado.

-É importante saber que non só conta o producto final, senón tamén o proceso “ o modo de traballar”