IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
154

Consellos á hora de redactar estas cartas:

-A carta debe presentarse nun folio A4 de boa calidade, escrita a máquina, a non ser que a empresa a pida manuscrita, e por unha soa cara.

-Débese incluír no texto os datos persoais: nome, dirección e teléfono de contacto.

-Debe ser persoal e breve, non debe exceder dunha páxina.

-A carta debe estar dirixida á persoa que ten o poder de decisión e contratación, comprobando que o nome da persoa á que se dirixe está escrito correctamente, no caso de non coñecer a esta persoa, a carta dirixirase en función do cargo.

-Debe enviarse sempre o orixinal, nunca unha carta fotocopiada.

-É importante separar con un espacio os diferentes párrafos.

-A carta debe estar datada e asinada

-Se non se pide especificamente non se deben adxuntar títulos nin cartas de referencias.

-Débense evitar as siglas e as abreviaturas.

-Non se debe grampar a carta ó curriculum

-O sobre debe ir personalizado

-Deben evitarse as adulacións e as expresións excesivas de agradecemento

-A linguaxe debe ser clara e concisa

-O tono empregado debe ser cordial e respetuoso

-A carta debe ser positiva, especificando as aportacións que se poden facer á empresa

-Non se debe repetir o currículum, tan só destacar aqueles aspectos do mesmo que se consideren máis importantes en relación coa empresa ou co posto ó que se aspira.

-Débese evitar un tono demasiado efusivo e coloquial.

A continuación presentánse modelos de cartas de presentación

EXEMPLO 1. CARTA DE RESPOSTA A UN ANUNCIO
EXEMPLO 2. CARTA DE CANDIDATURA ESPONTÁNEA
EXEMPLO 3. CARTA DE AGRADECEMENTO