IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
156

Ana Pérez González
Avda. de América, Nº 5 – 3º
36201 – Lugo
Telf: 613 258 641

Lugo, 17 de setembro de 2002
Departamento de Recursos Humanos
FESS S.A.
R/Progreso nº 13
15006 A Coruña

Estimado Señor:

Diríxome a vostede co obxecto de facerlle chegar o meu Currículum Vitae, xa que considero que pola miña formación e aspiracións profesionais, podería ser de interese para a súa empresa.

Como se pode observar en dito currículum, son Licenciada en Económicas e posúo un máster en Facenda Pública.

Debido a esto, e tendo en conta, ademáis o meu grande interese na área de contabilidade dentro das empresas, considérome capacitada para desempeñar calquer posto de traballo en relación co devandito departamento.

Sen outro particular, e quedando á súa enteira disposición para ampliar canta información estime necesaria, saúdao atentamente

Asdo. Ana Pérez González