Carta de seguimento ou recordatorio da entrevista.
A carta de seguimento e quizais a menos empregada, pero ten grande utilidade, ademais de ser considerada como un signo de cortesía. Esta carta pode ter unha dobre finalidade:
Se despois da entrevista se ten a sensación de que se causou boa impresión na/o seleccionada/o, a carta de seguimento servirá para reforzar esa boa impresión, obtendo certa vantaxe con respecto ó resto das/os candidatas/os.
Se polo contrario, a impresión causada durante a entrevista non é satisfactoria, a carta de seguimento servirá para dar argumentos ó/á seleccionador/a para cambiar de opinión ou para intentar conseguir unha nova entrevista.
En ambos casos, o/a seleccionador/a debe recibir esta carta nun prazo o máis próximo posible á entrevista.
|