IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
151

 Carta de candidatura espontánea

A carta de candidatura espontánea é unha carta pouco empregada, e sen embargo moi válida para conseguir unha entrevista. Debe dirixirse sempre ó directivo que teña o máximo poder de decisión na área á que se vai a presentar a candidatura (Director/a Xeral, Xefa/e de Departamento, …) nunca de debe enviar a persoas con niveis profesionais iguais ó que se aspira.

Débese redactar a carta buscando como obxectivo espertalo interese da persoa que a recibe de modo que considere a opción dunha entrevista persoal para ampliar a información que nese momento se lle remite, trátase dunha verdadeira función de marketing persoal.