CONTACTO TELEFÓNICO
O contacto telefónico coas empresas pode ser unha boa técnica de acercamento ás mesmas, pero hai unha serie de aspectos que é necesario coidar á hora de establecer esta conversación telefónica:
- Débese escoller ben o lugar dende onde se vai a efectuar a chamada, nunca se debe facer dende unha cabina pública, é necesario que o lugar escollido sexa un lugar tranquilo e sen ruídos.
- Seleccionar o momento máis axeitado do día. Normalmente para chamar a unha empresa é máis axeitado facelo pola mañá que pola tarde , sendo os peores días para facelo os luns e os venres.
- Nunca se debe chamar ó domicilio particular dun/ha directivo/a aínda que se conseguise o número de teléfono.
- Antes de chamar é aconsellable realizar un esquema dos asuntos que se queren tratar, para non esquecer ningún tema, procurando ter á man os documentos que se poidan necesitar así como papel e bolígrafo.
- É importante non atropelarse ó falar, pronunciando claro e á menor velocidade posible. Na conversación telefónica falta a presencia física polo que o peso da comunicación recae no que se di e como se di.
- A conversación debe seguir unha orde lóxica: presentación, motivo da chamada, conclusión, expresión de agradecemento e despedida.
- Cando se da unha cita ademais de anotalo, débese repetir o lugar, día e hora para facer saber ó/á interlocutor/a que se entendeu ben, persuadíndoo así para que corrixa se hai algunha equivocación.
- Se o/a interlocutor/a non se decide a dar unha cita intentarase unha técnica alternativa como por exemplo: ¿cándo lle viría ben recibirme?, ¿podíamos ampliar persoalmente esta conversación?
|