Prácticas FEUGA
A Fundación Universidade Empresa Galega (FEUGA) que abrangue ás tres Universidades Galegas: A Coruña, Santiago e Vigo, a través do seu programa de bolsas trata de achegar ás/ós estudiantes e recén tituladas/os universitarias/os galegas/os o mundo laboral para preparar así a súa incorporación ó mesmo.
FEUGA diferencia dous tipos de bolsas:
Bolsas de formación: este programa está orientado a tituladas/os universitarias/os de grao medio ou superior, que cumpran como requisitos: estar inscritos no Servicio Galego de Colocación, ser menores de 30 anos, ter cursado estudios nalgunha das tres Universidades Galegas e ter finalizado os estudios nos últimos 3 anos.
Bolsas para estudiantes: este programa está dirixido exclusivamente a estudiantes das tres Universidades Galegas que teñan alomenos superado o 50% da carga lectiva da titulación.
Para máis información sobre as bolsas FEUGA:
http://www.feuga.es/becas/newHome.jsp
|