IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
109

Prácticas Programa Leonardo

As bolsas Leonardo Da Vinci teñen por obxectivo completar a formación das/os estudiantes e xoves tituladas/os universitarias/os nun Estado membro da Unión Europea, mediante estancias en empresas europeas. O obxectivo esencial do proxecto é mellorar a cualificación das/os universitarias/os e facilitar a súa inserción laboral. Entre os seus obxectivos específicos pódense destacar:

Mellorar as aptitudes e competencias individuais, especialmente das/os xoves, na formación profesional a tódolos niveis, con vistas a facilitar a inserción e a reinserción profesional.

Aumentar o acceso á formación profesional continua facilitando así a adquisición de aptitudes e competencias ó longo de toda a vida.

Institucións e Países Participantes

Poden acceder ó Programa Leonardo organismos e institucións públicos e privados que participen en accións de formación profesional, e en particular:

Centros e organismos de formación profesional a tódolos niveis, incluídas as universidades

Centros e organismos de investigación.

Empresas, de modo particular, pequenas e medianas empresas e o sector artesanal, ou establecementos do sector público ou privado, sen excluír os que son activos no ámbito da formación profesional

Organizacións profesionais

Interlocutores sociais

Entidades e organismos locais e rexionais

Organizacións sen fins de lucro, organizacións de voluntariado e organizacións non gubernamentais

As entidades mencionadas deberán pertencer a algún dos estados membros da Unión Europea.

* As/os estudiantes e tituladas/os, e en xeral, calquer persoa a título individual, en contraposición ás institucións, empresas e organizacións, non poden solicitar directamente á Axencia Española Leonardo a participación neste programa.

Se desexa solicitar unha beca Leonardo de mobilidade deberá dirixirse á organización na que estudia e/ou traballa.

Para máis información sobre o programa Leonardo no Estado Español:

http://www.mec.es/fp/leonardo/