¿Como e onde ten que tributar o traballador transfronteirizo?
As remuneracións obtidas por razón dun emprego exercido en España por un traballador transfronteirizo de Portugal é dicir, o que ten a súa vivenda habitual en Portugal, onde retorna normalmente cada día, só se poderán someter a imposición no Estado de residencia.
Polo tanto, polas retribucións percibidas non se tributará para os efectos dos impostos que gravan a renda no Estado onde se traballa nin se soportarán retencións na orixe. O traballador declarará, pola totalidade das remuneracións obtidas, no país onde resida.
O traballador transfronteirizo que desenvolve un traballo por conta allea no sector privado debe acreditar a súa residencia no outro país para xustificar a exención da tributación no país onde traballa. A residencia acredítase cun certificado de residencia fiscal expedido pola Administración tributaria do país de residencia.
|