IV - Impostos
4.1 - Condicións Particulares que Afectan os Traballadores e Traballadoras Transfronteirizos.
221

¿Como tributan os rendementos obtidos en España por un residente en Portugal?
Se unha persoa obtén rendas nun Estado diferente ó da súa residencia, pode quedar suxeita a dous impostos: no Estado de residencia pola súa renda mundial e no outro Estado polas rendas que alí obteña.
Se isto acontece entre España e Portugal, acudirase ó Convenio entre a República Portuguesa e o Reino de España para Evitar a Imposición e Previr a Evasión Fiscal en Materia de Impostos sobre a Renda (CDI), subscrito entre ambos os dous países o 26/10/1993 e ratificado no ano 1995 (BOE do 1/11/95), e, seguindo as súas regras, indagarase se as rendas que se obteñen nun Estado distinto ó de residencia deben ou non tributar alí por un imposto para non residentes.