IV - Impostos
4.1 - Condicións Particulares que Afectan os Traballadores e Traballadoras Transfronteirizos.
220

¿Cando se considera que unha persoa ten residencia habitual en España?
Considérase que unha persoa física ten a súa residencia habitual en España en calquera destes casos:
– se permanece máis de 183 días durante o ano natural en territorio español, computando as ausencias esporádicas;
– se radica en España o núcleo principal ou a base das súas actividades ou intereses económicos. Presúmese, agás proba en contra, que isto sucede se reside en España o cónxuxe non separado legalmente e os fillos menores de idade que dependan del.