3.2.4. Pensión de Viuvez
¿Cando se extingue o dereito a percibir a pensión de viuvez?
Por contraer novas nupcias. Non se extinguirá a pensión de viuvez ó contraer novas nupcias cando:
- sexa maior de 61 anos ou, no caso de ser menor desa idade, perciba unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, ou teña recoñecida unha minusvalía igual ou superior ó 65%;
- a pensión ou pensións constitúan a principal ou única fonte de ingresos; é dicir, cando o importe anual desta constitúa como mínimo o 75% do total dos ingresos;
- o matrimonio teña uns ingresos anuais que non superen dúas veces o importe, en cómputo anual, do salario mínimo interprofesional.
Por declaración, en sentenza firme, de culpabilidade na morte do causante.
Por falecemento.
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
|