III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
141

3.2.4. Pensión de Viuvez
¿Con que outras prestacións é compatible a pensión de viuvez?
É compatible con calquera renda de traballo do beneficiario e coa pensión de xubilación ou incapacidade permanente a que este tivese dereito, pero con aplicación das regras de concorrencia e límites, mínimos e máximos, das pensións.
Nos casos en que se mantivera a percepción da pensión de viuvez, aínda que non contraese novo matrimonio, por cumprir os requisitos esixidos, a nova pensión de viuvez que se puidese xerar como consecuencia do falecemento do novo cónxuxe será incompatible coa pensión ou pensións de viuvez que recibía, tendo que optar por unha delas.