III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
140

3.2.4. Pensión de Viuvez
¿Cal é a contía da pensión de viuvez?
A contía determínase aplicando unha porcentaxe do 52% sobre a base reguladora correspondente (a partir do 1-1-04) e do 70% da base reguladora cando a pensión de viuvez constitúa a principal ou única fonte de ingresos, estes non superen o límite establecido e o pensionista teña cargas familiares.
O cálculo da base reguladora varía segundo a situación en que se atopase o falecido no momento do pasamento e a causa deste. Se o falecemento foi por mor dun accidente de traballo ou enfermidade profesional, concédese, ademais, unha indemnización de seis mensualidades da base reguladora.