III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
126

3.2.2. Maternidade, Paternidade e Acollemento
¿Cando se ten dereito á prestación por maternidade?
– No caso de maternidade, dende a mesma data do parto ou de inicio do descanso, de ser esta anterior.
– Ante o falecemento da nai perceptora do subsidio, a efectividade do dereito a esta prestación para o pai comezará dende a data de inicio da suspensión laboral.
– Nos casos de opción da nai para que o pai goce de ata dez semanas, a efectividade do dereito ó subsidio iníciase dende a data do comezo do descanso do pai, data que coincidirá coa elixida ó exercitar a opción.
– Nos casos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo coma permanente, a partir da resolución xudicial de adopción ou da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, se ben a percepción da prestación está condicionada ó aproveitamento efectivo do permiso.
– Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, poderá iniciarse o subsidio ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúa a adopción.