3.2.2. Maternidade, Paternidade e Acollemento
¿Cal é a contía da prestación por maternidade?
A prestación consiste nun subsidio equivalente ó 100% da base reguladora dende o día en que se produce o nacemento do dereito. En caso de parto múltiple, recoñécese un subsidio especial por cada fillo, a partir do segundo, igual ó que corresponde percibir polo primeiro durante o período de descanso obrigatorio (seis semanas).
Cando o traballador está a percibir a prestación por desemprego total e pasa a situación de maternidade, percibirá a prestación por esta continxencia na contía que corresponda; o período de percepción de desemprego non se amplía por esta circunstancia.
|