3.2.1. Incapacidade Temporal
¿Cando se extingue o dereito á prestación por incapacidade temporal?
Ó rematar o prazo máximo establecido pola situación de incapacidade temporal de que se trate.
Pola alta médica do traballador, con ou sen declaración de incapacidade permanente. A alta médica poderá ser expedida polos médicos adscritos ó INSS, para os efectos exclusivos das prestacións económicas, sen prexuízo das competencias que correspondan ós servizos públicos de saúde.
Por terlle sido recoñecido á persoa beneficiaria o dereito a percibir a pensión de xubilación.
Por falecemento.
Por non comparecencia inxustificada do beneficiario con contrato para a formación, cando sexa convocado para efectuarlle os exames e recoñecementos médicos precisos, co obxecto de ditaminar se procede a continuación do proceso de incapacidade temporal.
|