III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
113

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Cando se produce unha prórroga de efectos da incapacidade temporal?
– Cando a incapacidade temporal se extinga por esgotamento do prazo máximo de duración de dezaoito meses, o Instituto Nacional da Seguridade Social examinará necesariamente, no prazo máximo de tres meses, o estado do incapacitado para os efectos da súa cualificación, no grao que corresponda, como invalido permanente.
– Cando, continuando a necesidade de tratamento médico, a situación clínica do interesado fixese aconsellable demorar a cualificación, esta poderá adiarse polo período preciso, que, en ningún caso, poderá exceder dos trinta meses seguintes á data de iniciación da incapacidade temporal. Neste caso, os efectos da situación de incapacidade temporal prorrogaranse ata o momento da cualificación da incapacidade permanente, data na que se iniciarán as prestacións económicas desta.
Durante estes períodos de prórroga de efectos non existe a obriga de cotizar.
– Cando a extinción se produza por esgotamento do prazo máximo ou por alta médica con declaración de incapacidade permanente, os efectos da situación de incapacidade temporal prorrogaranse ata o momento da incapacidade permanente (entendéndose producida a cualificación na data da resolución do director provincial do INSS); nesta data iniciaranse as prestacións económicas desta, salvo que sexan superiores ás que estaba a percibir o traballador, en cuxo caso, retrotraeranse aquelas no momento en que se esgote a incapacidade temporal.
– No suposto de alta médica anterior ó esgotamento do prazo máximo de duración sen que exista ulterior declaración de incapacidade permanente, subsistirá a obriga de cotizar mentres non se extinga a relación laboral ou ata a extinción do prazo máximo de duración, de producirse con posterioridade a dita declaración de inexistencia de incapacidade permanente.