III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
115

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Que organismo ten que recoñecer o dereito?
O recoñecemento do dereito correspóndelle a:
– O Instituto Nacional da Seguridade Social, cando a situación derive de enfermidade común, accidente non laboral e de situacións de alta de pleno dereito. De ser o caso, á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, cando o empresario opte por formalizar a cobertura desta prestación, derivada de continxencias comúns, coa mesma Mutua coa que formalice a protección das continxencias profesionais.
– O Instituto Nacional da Seguridade Social ou a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, cando derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional.
– As empresas autorizadas a colaborar voluntariamente na xestión do réxime xeral, cando a causa corresponda ás continxencias ás que se refire a súa colaboración.