III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
112

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Cal é a duración da prestación?
En caso de accidente ou enfermidade
, calquera que sexa a causa, é de doce meses prorrogables por outros seis cando se presuma que, durante eles, o traballador poida ser dado de alta médica por curación. Para os efectos do período máximo de duración e da súa posible prórroga, computaranse os de recaída e de observación.
En caso de períodos de observación por enfermidade profesional, é de seis meses prorrogables por outros seis cando se estime necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade.