III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
111

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Cando nace o dereito á prestación por incapacidade temporal?
– En caso de enfermidade común ou accidente non laboral, desde o cuarto día da data de baixa no traballo.
– En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional, desde o día seguinte ó da baixa no traballo; o salario íntegro correspondente ó día da baixa é a cargo do empresario.
– O dereito ó subsidio non nace durante as situacións de folga ou peche patronal.