III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
110

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Que pasa cando o traballador está recibindo a prestación por desemprego e pasa a unha incapacidade temporal?
Cando o traballador estea percibindo a prestación por desemprego total e pase á situación de incapacidade temporal, sempre que o esgotamento do período de desemprego se produza a partir do 1-1-02, hai que distinguir:
– Nos casos en que a incapacidade temporal constitúa recaída dun proceso anterior iniciado durante a vixencia dun contrato de traballo:
a) Percibirá a prestación por incapacidade temporal na mesma contía cá prestación por desemprego.
b) Neste caso e no suposto de que continuase en situación de incapacidade temporal unha vez esgotado o período de desemprego, seguirá percibindo a prestación por incapacidade temporal na contía de desemprego que viña percibindo.
– Nos casos en que a incapacidade temporal non constitúa recaída dun proceso anterior iniciado durante a vixencia dun contrato de traballo, senón un novo proceso:
a) Percibirá a prestación por esta continxencia na mesma contía cá prestación por desemprego.
b) Neste caso e no suposto de que continuase na situación de incapacidade temporal unha vez rematado o período de desemprego, seguirá percibindo a prestación por incapacidade temporal cunha contía igual ó 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extras.
– Non se ampliará o período de percepción de desemprego.