III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
109

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Que sucede cando o traballador está en situación de incapacidade temporal e se lle extingue o contrato?
Se a un traballador se lle extingue o contrato cando está en situación de incapacidade temporal e a dita extinción se produce a partir do 1-1-02:
– Percibirá a prestación por incapacidade temporal nunha contía igual á prestación por desemprego desde o día seguinte á data de extinción do contrato ata que se extinga a dita situación. Entón, pasará á situación legal de desemprego, no suposto de que a extinción do contrato se producise por algunha das causas legalmente previstas, e percibirá, se reúne os requisitos necesarios, a prestación por desemprego contributivo que lle corresponda de ter iniciada a súa percepción na data de extinción do contrato de traballo, ou o subsidio por desemprego.
– Do período de percepción da prestación por desemprego descóntase, como xa consumido, o tempo que permanecera en situación de incapacidade temporal a partir da data da extinción do contrato de traballo.
– A entidade xestora das prestacións por desemprego efectuará as cotizacións á Seguridade Social, asumindo na súa totalidade a achega que lle corresponde ó traballador por todo o período que se desconte como consumido.