1.2.1. O Contrato de Traballo
¿Cando se utiliza un contrato de relevo?
(R.D. da Lei 15/1998, do 27 de novembro [BOE do 28 de novembro]; Lei 12/2001; e R.D. 1132/2002, do 31 de outubro [BOE do 27 de novembro])
Este tipo de contrato concértase cun traballador inscrito como desempregado no servizo público de emprego ou que tivese un contrato de duración determinada na empresa, para substituír o traballador da empresa que accede á xubilación parcial. Concertarase simultaneamente co contrato a tempo parcial que se pacte con este último. Deberá formalizarse por escrito.
A duración será indefinida ou igual á do tempo que lle falte ó traballador substituído para alcanzar a idade de xubilación. Poderá concertarse a tempo completo ou a tempo parcial.
En extinguíndose o contrato, o traballador terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente á parte proporcional da cantidade que resultara de aboar oito días de salario por ano de servizo, ou a establecida, de ser o caso, na normativa específica que sexa aplicable.
|