I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
32


1.2.1. O Contrato de Traballo

¿Cales son os dereitos laborais básicos?
(Artigo 5 do E.T.)
As persoas traballadoras teñen como dereitos básicos, co contido e alcance que para cadaquén dispoña a súa específica normativa, os seguintes: traballo e libre elección de profesión ou oficio, libre sindicación, adopción de medidas de conflito colectivo, folga, reunión e participación na empresa.
En relación ó traballo, os traballadores e traballadoras teñen dereito a: ocupación efectiva, promoción e formación profesional no traballo, non sufrir discriminación no emprego, integridade física e unha axeitada política de seguridade e hixiene e a cantos dereitos deriven especificamente do contrato de traballo.