CIENCIAS XURÍDICO SOCIAIS
|
MESTRE EN EDUCACIÓN ESPECIAL
|
A/o Mestra/e en Educación Especial é un/unha profesional que posúe unha formación dirixida á actividade docente nos distintos niveis do Sistema Educativo, integrando unha formación xeral cunha formación específica na Especialidade de Educación Especial, posuíndo coñecementos sobre as necesidades educativas especiais que pode ter a/o nena/o e as técnicas e estratexias para enfrontarse a elas.
Esta/e titulada/o está capacitada/o para a educación das/os nenas/os con necesidades educativas especiais, atendendo a problemas de aprendizaxe en xeral e distintas necesidades específicas (mentais, motrices, minusvalias, trastornos e alteración do comportamento,etc.)
|
|
|
|