II - FORMACIÓN UNIVERSITARIA
2.1. FORMACIÓN UNIVERSITARIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO
30
ÁMBITO
TITULACIÓN
PERFIL DA/O TITULADA/O
SAÍDAS PROFESIONAIS
CENTRO DE FORMACIÓN
COLECTIVO PROFESIONAL
CIENCIAS HUMANAS
LICENCIATURA EN BELAS ARTES
A/o Licenciada/o en Belas Artes é un/unha profesional que posúe amplos coñecementos que lle aportan un dominio da formación plástica (transformación da materia nun obxecto plástico a través do debuxo, da cor e do volume), da formación técnica (ferramentas, procedementos e materiais que comprenden os campos da experiencia plástica en xeral e da imaxe gráfica en particular) e da formación estética (sensibilización cara o patrimonio artístico como coñecemento e valoración crítica das obras de arte).

Esta/e titulada/o está capacitada/o para desempeñar funcións no ámbito cultural, artístico, social e empresarial.

Guía de Saídas Profesionais da Universidade de Vigo

www.uvigo.es/guiasaidasprofesionais

FAC. DE BELAS ARTES DE PONTEVEDRA

R/Maestranza, 2

36002 Pontevedra

Telf: 986 801 800

Fax: 986 801 885

Enderezo electrónico: sofba@uvigo.es

Pax Web: http://websuvigo.es/belasartes/home.html