A/o Licenciada/o en Física é un/unha profesional que posúe unha ampla formación científica nos aspectos básicos e aplicados da física, posuíndo ademais capacidade de razoamento científico e de resolución de problemas prácticos no ámbito tecnolóxico, experimental e informático.
Esta/e titulada/o está capacitada/o para desempeñar funcións de análise da enerxía nas súas distintas formas, estudio das relacións entre enerxía e materia, estructura física da materia, de investigación de modelos de descrición matemática, desenvolvemento de novos sistemas productivos, estudio dos fenómenos físicos e das leis que os gobernan, entre outras