IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
198
MODALIDADES DE CONTRATOS DE TRABALLO
10. CONTRATOS PARA A INVESTIGACIÓN
PARA A INCORPORACIÓN DE INVESTIGADORAS/ES Ó SISTEMA ESPAÑOL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA
Definición /Obxecto Poderán celebrar este tipo de contratos os organismos públicos de investigación, as institucións sen ánimo de lucro que realicen actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e as Universidades públicas para a contratación temporal de persoal investigador, científico ou técnico, para o desenvolvemento de novos programas ou proxectos singulares de investigación que non poidan levar a cabo con persoal propio: todo elo dacordo co que establezan os respectivos estatutos. As/os traballadoras/es deben estar en posesión do título de doutor/a.
Normativa Lei 13/1986 de 14 de abril
R.D. 488/1998 de 27 de marzo (BOE de 9 de abril)
Artigo 11 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado por RD Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo (BOE de 29 de marzo), segundo redacción dada pola Lei 63/97, do 26 de decembro (BOE de 30 de decembro)
Lei 12/2001 de 9 de xullo (BOE de 10 de xullo) especialmente na súa disposición adicional 7ª
Máis información www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html
PARA A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
Definición/Obxecto Poderán celebrar estes contratos os organismos públicos de investigación, as institucións sen ánimo de lucro que realicen actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico e as Universidades públicas que sexan beneficiarias de axudas ou subvencións públicas para a contratación temporal de persoal investigador, científico ou técnico, para o desenvolvemento de novos programas ou proxectos singulares de investigación que non poidan levar a cabo con persoal propio, todo elo dacordo co se estableza os seus respectivos estatutos. As/os traballadoras/es teñen que ser persoal investigador ou persoal científico ou técnico.
Normativa Artigos 12 e 15 do Estatuto de Traballadores
Lei 12/2001 de 9 de xullo (BOE de 10 de xullo) especialmente na súa disposición adicional 10ª
Lei 13/1986 de 14 de abril
R.D. 2720/1998 de 18 de decembro (BOE de 8 de Xaneiro) polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto de Traballadores
Máis información www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html