MODALIDADES DE CONTRATOS DE TRABALLO
|
4. CONTRATOS FORMATIVOS |
CONTRATO PARA A FORMACIÓN
|
Definición /Obxecto |
O contrato para a formación ten por obxecto a adquisión da formación técnica e práctica necesaria para o desempeño axeitado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un nivel de cualificación susceptible de acreditación formal, ou no seu defecto, o nivel de cualifiación de base de cada ocupación no sistema de clasificación da empresa. |
Normativa |
Artigo 11 do R.D. Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE de 29-3-95), segundo redacción dada pola Lei 63/97, de 26 de decembro (BOE de 30 de decembro)modificada polo apartado 2ª polo artigo 1º da Lei 12/2000 de 9 de xullo (BOE de 10 de xullo) e disposición adicional segunda do Estatuto de Traballadores.
R.D. 4888/98 de 27 de marzo polo que se desenvolve o artigo II do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos formativos (BOE de 28 de xullo)
Orde do 14 de xullo de 1998 pola que se regulan aspectos formativos do contrato para a formación (BOE de 28 de xullo)
Disposición adicional 10ª da Lei 45/2002, de 12 de decembro (BOE de 13 de decembro) |
Máis información |
www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html |
CONTRATO EN PRÁCTICAS |
Definición/Obxecto |
O contrato en prácticas ten como finalidade a obtención da práctica profesional axeitada ó nivel de estudios cursados polas/os traballadoras/es con título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos recoñecidos oficialmente como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional
|
Normativa |
Artigo 11 do R.D. Lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE de 29-3-95) segundo redacción dada pola Lei 63/97 de 26 de decembro (BOE de 30 de decembro) e Disposición Adicional 2ª do Estatuto de Traballares
R.D. 488/98 de 27 de marzo polo que se desenvolve o artigo II do Estatuto dos Traballares en materia dos contratos formativos (BOE de 9 de abril) |
Mais información |
www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html |