Dereitos e obrigacións que conleva un contrato de traballo
Un contrato de traballo conleva uns dereitos para o/a traballador/a que se converten en obrigacións para a/o empresaria/o. Ó mesmo tempo, as obrigacións que contrae o/a traballador/a se converten en dereitos da/o empresaria/o.
A/o empresaria/o contrae obrigacións con:
-O/a traballador/a: cando a relación laboral sexa dunha duración superior a catro semanas, o empresario deberá informar por escrito o/a traballador/a sobre os elementos esenciais do contrato e as principias condicións de execución da prestación laboral, sempre que tales elementos e condicións non figuren no contrato de traballo formalizado por escrito.
-Os representantes legais das/os traballadoras/es: tamén deberán entregar ás/ós representantes legais das/os traballadoras/es, unha copia dos contratos formalizados por escrito (con excepción dos contratos de relacións especiais de alta dirección, para os que é suficiente a notificación), así como a prórroga de ditos contratos e as denuncias dos mesmos. Esta copia do contrato conterá tódolos datos a excepción do número de D.N.I. , domicilio, estado civil e calquer outro dato que poida afectar á identidade persoal da/o interesada/o.
-O Servicio Público de Emprego: As/os empresarias/os están obrigados a rexistrar na Oficina de Emprego do Servicio Público de Emprego, as contratacións efectuadas notificando tamén aquelas que non teñan obrigación de ser efectuadas por escrito
|