EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL (ETT)
Denomínase Empresa de Traballo Temporal a aquela cuia actividade consiste en poñer a disposición doutra empresa usuaria, con carácter temporal, traballadores por elas contratados.
As ETT´s desenvolven a súa actividade en función das necesidades puntuais do mercado e das empresas que o compoñen, son empresas privadas con ánimo de lucro, encamiñadas a satisfacer temporalmente as necesidades de persoal imprevistas e urxentes doutras empresas.
Os pasos para a inscrición nunha empresa de traballo temporal son os seguintes:
-Cubrir unha solicitude de emprego. Os datos que se pedirán serán persoais, académicos, formación complementaria, datos profesionais, etc.
-Pasar por unha entrevista persoal co fin de confeccionar o perfil profesional da/o demandante, valorando tamén datos da súa -personalidade.
-A continuación estes datos pasarán a formar parte do ficheiro ou banco da datos da ETT.
Tipos de contrato que empregan as ETT´s
Cando unha empresa desexa empregar os servicios dunha ETT ten que firmar con ela un contrato de natureza mercantil denominado “posta a disposición”, en virtude do cal a ETT cede temporalmente os seus traballadores a unha empresa cliente. O contrato de posta a disposición pode realizarse nos seguintes supostos:
-Para a realización dunha obra ou servicio determinado. Con duración ata que finalice a obra.
-Para atender as esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos aínda tratándose da actividade normal da empresa. Duración: ata 6 meses.
-Para sustituir a traballadoras/es de empresa con dereito a reserva do posto de traballo. Duración: ata a incorporación da persoa substituída.
-Para cubrir de forma temporal un posto de traballo permanente mentres que dura o proceso de selección ou promoción. A duración máxima do contrato será de 3 meses.
As principais vantaxes do traballo temporal son:
-Adquirir experiencia
-Ampliar a formación profesional en diferentes sectores
-Posibilidade de enlazar contratos temporais
-Amosar as propias capacidades no mundo laboral
-Complementar o traballo con outras actividades
-Optar a un posto de traballo fixo a través dun temporal
Para máis aclaracións sobre as empresas de traballo temporal pódense consultar:
-http://www.mtas.es/empleo/ett-OIA/inicio.htm
-http://www.agett.com
|