IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
140

AXENCIAS DE COLOCACIÓN

As Axencias de Colocación son un novo axente intermediario no mercado de traballo que pretenden axilizalo, incidindo directamente na empregabilidade dos colectivos máis afectados polo desemprego. Deste xeito o seu principal obxectivo é prestar atención personalizada a colectivos con especiais dificultades de integración no mercado laboral: mulleres, minusválidos, maiores de 45 anos, parados de longa duración e xoves.

A súa finalidade é axudar, por un lado ás/ós traballadoras/es a buscar traballo e por outra banda ós empresarios a contratar a traballadoras/es adecuados ás súas necesidades.

Condicións de actuación das Axencias de Colocación:

- Carecer de fins lucrativos

- Garantir no seu ámbito de actuación o principio de igualdade no acceso ó emprego

- Previamente autorizadas polo INEM

Obrigacións:

-Remitir ó INEM os datos dos demandantes de emprego que requiren os seus servicios para que queden inscritos tamén neste servicio

- Comunicar as baixas

- Informar ó INEM sobre:

- Ofertas recibidas

- Demandantes enviados ás empresas

- Demandantes que rexeitaron algún emprego

- Demandantes contratados

Na Comunidade Autónoma Galega unha das axencias de colocación de carácter público e sen ánimo de lucro que comezou a funcionar en 1997 é o Servicio Galego de Colocación, do que ampliaremos información a continuación.