O EMPREGO NA EMPRESA PRIVADA
O emprego na empresa privada é unha das alternativas máis empregadas debido á grande cantidade de empresas existentes. Se se opta por buscar emprego na empresa privada, o primeiro que hai que saber é que o mercado de traballo na empresa privada pode distinguirse en dúas categorías.:
- Mercado Aberto
En moitas ocasións as empresas para cubrir as súas necesidades de plantilla diríxense ó público en xeral, a través da publicación das súas ofertas na prensa diaria ou especializada, ofrecidas a través de empresas de selección de persoal, a través do Instituto Nacional de Emprego ou do Servicio Galego de Colocación, ou mesmo se se trata, de ofertas de perfil universitario, diríxense directamente ós servicios de emprego das universidades.
A principal característica deste tipo de ofertas é a súa publicidade, o que facilita o acceso á información do posto vacante o coñecemento das necesidades da empresa. En cada oferta detállanse as características xenéricas do profesional demandado.
Pero este tipo de ofertas abertas, tamén presentan, un grande inconvinte, ó ser ofertas públicas o número de solicitudes é moi grande e consecuentemente a competencia será maior.
- Mercado Oculto
Este é un importante filón onde atopar oportunidades de emprego. En moitas ocasións as empresas non publican as súas ofertas senón que tratan primeiro de cubrir necesidades mediante a promoción interna ou por referencias persoais directas.
Para acceder a esta información hai dúas vías fundamentais
Explotar a Rede de contactos sociais: Trátase de buscar esta información entre as persoas que se ten no contorno social.
A candidatura espontánea, trátase de presentar a candidatura de forma espontánea a distintas empresas co fin de que esta candidatura se converta nunha oferta de emprego.
|