IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
112

 BECAS CITIUS

O programa de Becas CITIUS é un programa de posgrao que consta de dúas partes:

Un plan de formación específica na empresa. Neste primeiro momento, levase a cabo a realización de prácticas e outras actividades formativas nalgunha empresa adherida ó programa.

Un plan académico de formación. Neste plan prevese unha gama de itinerarios personalizados de modo que as/os estudiantes de CITIUS poidan completar a súa formación na liña máis axeitada ó seu posterior desenvolvemento profesional.

Para máis información sobre as bolsas CITIUS: http://www.fue.es/becas/citiuspost12_800.htm