IV - Impostos
4.1 - Condicións Particulares que Afectan os Traballadores e Traballadoras Transfronteirizos.
224

¿En que consiste a dedución por dobre imposición internacional?
Sen prexuízo de todo o exposto anteriormente, cando un residente dun Estado obtivese rendementos que poidan estar sometidos a tributación no outro Estado, o de residencia permitirá a dedución do imposto sobre a renda dese residente dunha cantidade igual á efectivamente pagada no outro Estado. Esta dedución non poderá exceder da parte do imposto, calculado antes da dedución, correspondente ás rendas que se poidan someter a tributación no outro Estado.