¿Onde percibe as pensións non contributivas un traballador desprazado?
As prestacións de carácter non contributivo ás que se aplique o Regulamento só as poderá percibir a persoa beneficiaria no territorio do Estado membro da Unión Europea, do Estado parte do Espazo Económico Europeo ou de Suíza onde resida e conforme a lexislación de que se trate.
O procedemento aplicable para o exercicio dos seus dereitos pode consultarse no documento «Condicións de Vida e de Traballo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Manual de Casos Prácticos» editado polo EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia en www.eures-norteportugal-galicia.org.
|