¿Que é un traballador desprazado?
A persoa que exerce unha actividade por conta allea no territorio dun Estado membro (por exemplo, España) ó servizo dunha empresa da que depende normalmente e é destacada no territorio doutro Estado membro (por exemplo, Portugal) por esta empresa co fin de efectuar alí un traballo durante un período que non exceda de doce meses e que non vaia en substitución doutra persoa que chegara ó remate do período polo que fora destacado (art. 14.1.a. do Rgto. CE 1408/1971), recibe a denominación de traballador desprazado.
O destacamento poderá prolongarse máis alá de doce meses por un período adicional que non exceda doutros doce meses, se a duración do traballo que ha realizar se prolonga debido a circunstancias imprevisibles, sempre que a autoridade competente do Estado membro do territorio onde estea destacado (por exemplo, Portugal) dera a súa conformidade. Tal conformidade deberá solicitarse antes de que remate o período inicial de doce meses. (art. 14.1.b. do Rgto. CE 1408/1971).
|