III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
194

3.2.8.C. Incapacidade Permanente Absoluta
¿Cando se produce a suspensión desta prestación?
– Cando a persoa beneficiaria actuara con fraude para obter ou conservar o dereito ás prestacións.
– Cando a incapacidade permanente sexa debida á imprudencia temeraria da persoa beneficiaria ou se agravara por esta razón.
– Cando a incapacidade permanente se producira por rexeitar ou abandonar o tratamento sanitario prescrito durante a incapacidade temporal ou se agravara por esta causa.
– Cando a persoa beneficiaria rexeitara, sen causa razoable, os tratamentos de readaptación e rehabilitación procedentes.