III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
193

3.2.8.C. Incapacidade Permanente Absoluta
¿Cales son as compatibilidades da prestación por incapacidade permanente absoluta?
– A pensión non impedirá o exercicio das actividades, sexan ou non lucrativas, compatibles co estado da persoa inválida e que non representen un cambio na súa capacidade de traballo para os efectos de revisión.
– Se se realizan traballos susceptibles de inclusión nalgún dos réximes da Seguridade Social, existe a obriga de cursar a correspondente alta e cotizar; o pensionista ten que lle comunicar á entidade xestora o inicio da actividade.
– O cumprimento destas obrigas enténdese sen prexuízo das facultades de revisión da incapacidade permanente que asisten á entidade xestora que recoñeceu a pensión.