III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
178

3.2.8.B. Incapacidade Permanente Total
¿Cal é a contía desta prestación?
Consiste nunha pensión vitalicia mensual cunha contía que varía en función da porcentaxe e da base reguladora. Excepcionalmente, pode ser substituída por unha indemnización a prezo fixado, cando o beneficiario fose menor de 60 anos.
A norma xeral di que é un 55% da base reguladora. Esta porcentaxe pode incrementarse nun 20% para os maiores de 55 anos cando, por falta de preparación xeral ou especializada e polas circunstancias sociais e laborais do lugar de residencia, se presuma a dificultade de obter emprego en actividade distinta da habitual.
A contía acada un máximo de 84 mensualidades da pensión con menos de 54 anos de idade, e para os maiores desa idade aplícase unha escala descendente (de 12 mensualidades por ano) con 72 mensualidades da pensión ós 54 anos ata 12 mensualidades ós 59 anos. Ó cumprir os 60 anos, o beneficiario pasará a percibir a pensión recoñecida inicialmente.