3.2.8. Prestación por Incapacidade Permanente
¿Cales son os graos de incapacidade permanente?
A incapacidade permanente parcial para a profesión habitual é aquela que, sen alcanzar o grao de total, lle ocasiona á persoa afectada unha diminución non inferior ó 33% no seu rendemento normal para a dita profesión, sen lle impedir a realización das tarefas fundamentais desta.
A incapacidade permanente total para a profesión habitual é a que inhabilita o traballador para realizar todas ou as fundamentais tarefas da dita profesión, sempre que poida dedicarse a outra distinta.
A incapacidade permanente absoluta para todo traballo inhabilita por completo o traballador para toda profesión ou oficio.
A grande invalidez é a situación do traballador afectado por unha incapacidade permanente e que, como consecuencia das perdas anatómicas ou funcionais, necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.
|