III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
163

3.2.8. Prestación por Incapacidade Permanente
¿Que é a incapacidade permanente?
A incapacidade permanente é a situación do traballador ou traballadora que despois de se someter a un tratamento prescrito e tras ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a capacidade laboral.