III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
154

3.2.6. Prestacións por Xubilación
¿Cales son os requisitos esixidos para poder xubilarse?
– Estar afiliado, en alta ou situación asimilada na Seguridade Social.
– Ter cumpridos 65 anos e cesar na actividade laboral.
– Ter cuberto un período de cotización de quince anos dos que, polo menos dous, deben estar comprendidos dentro dos quince inmediatamente anteriores ó momento de causar o dereito ou á data en que cesou a obriga de cotizar, se se accede á pensión de xubilación desde unha situación de alta asimilada, sen obriga de cotizar.