III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
152

3.2.6. Prestacións por Xubilación
¿Que é a xubilación flexible?
Considérase xubilación flexible a derivada da posibilidade de compatibilizar a pensión de xubilación, unha vez causada, cun contrato a tempo parcial dentro dos límites de xornada (un mínimo do 25% e un máximo do 85%), coa consecuente minoración da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.