3.2.5. Pensión de Orfandade
¿Cando se extingue o dereito á pensión de orfandade?
Ó cumprir a idade máxima fixada en cada caso, salvo que nese momento tivese reducida a capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
Ó cesar a incapacidade que motivou a pensión.
Adopción.
Ó contraer matrimonio.
Por falecemento.
Se se comproba que o traballador desaparecido non faleceu no accidente.
Se a orfandade se extingue por algunha das catro primeiras causas, sen que o beneficiario percibise doce mensualidades da pensión, aboaráselle nunha soa vez a contía para completala.
A mesma regra será aplicable cando o beneficiario non ingresara cantidade ningunha da pensión de orfandade antes de chegar á idade límite para ser perceptor desta, porque a solicitou en data posterior ó cumprimento da dita idade, sempre que a data do feito causante reunira as condicións para ser beneficiario.
|