III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
147

3.2.5. Pensión de Orfandade
¿Cales son as compatibilidades e incompatibilidades da pensión de orfandade?
A pensión de orfandade é compatible con calquera renda de traballo de quen sexa ou foi cónxuxe do causante, ou do propio orfo, así como, no caso de que corresponda coa pensión de viuvez que perciba.
Non obstante, recoñecido o dereito á pensión de orfandade ou, de ser o caso, prolongado o seu gozo, quedará en suspenso cando o orfo beneficiario realice un traballo por conta allea ou propia que lle reporte uns ingresos, en cómputo anual, superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual.
A percepción da pensión é incompatible coa ocupación dun posto de traballo no sector público. A percepción da pensión quedará en suspenso polo tempo que dure o desempeño dese posto, sen que isto afecte as súas revalorizacións.